Vigo, 21 de Outubro de 2006 - Nº 1144

HOXE ANTERIORES SUSCRICIÓNS WEBMASTER

SECCIÓNS

O profesor de Dereito Guillermo Suárez presentou o seu libro acerca da relación esclavo-empresa no Imperio Romano


Fariñas, Suárez, Gálvez e Vázquez

Duvi

O profesor titular de Dereito Romano e Sistemas Xurídicos Comparados, Guillermo Suárez Blázquez, presentou onte o seu último libro baixo o título “Management, Corrupción de Directivos e Robótica nas Empresas do Imperio Romano”, obra que pasa a engrosar a súa lista de publicacións. Arroupado polo vicerreitor do campus de Ourense, Juan Francisco Gálvez; o decano da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, Jesús Vázquez; e o vicedecano da Facultade de Dereito, Iago Fariñas; Suárez tentou primeiramente explicar o título do libro, sorprendente á par que tremendamente expresivo. “Como pode haber robótica en Roma? Robot en checo significa escravo, e na antiga Roma era algo habitual para o desenvolvemento das empresas a utilización desta man de obra, sobre todo desde o século III ata o VI despois de Cristo”, subliñou o autor do ensaio. Ao longo e ancho do Imperio Romano, operaban multitude de empresas nos mercados destes territorios, formando unha interdependencia e un capitalismo puro. Así, os romanos utilizaban aos escravos para dirixir as empresas, e estes funcionaban como homes e como máquinas. “A diferenza co directivo moderno é que a este se despide, ao escravo se lle vendía”, indicou Suárez. Os escravos respondían a unha programación, eran autómatas, e controlaban desde a produción ata a comercialización. “Era moi importante que responderan ás súas funcións, se estaban programados para vender, e compraban, ninguén se facía responsable”, subliñou o profesor. Deste modo, durante a elaboración do tratado, Suárez chegou á conclusión que o traballo en cadea de Henry Ford, ten a súa base neste concepto empresarial do Imperio Romano. Ademais, o tema da escravitude en Roma foi un fenómeno “único e irrepetible”, xa que existían escravos pedagogos, médicos ou avogados, “un concepto que da un xiro ás ideas preconcibidas sobre a escravitude”, engadiu. En canto á corrupción e ao xogo sucio nos romanos, o autor referiuse no libro ao aluguer de directivos dunha empresa a outra, así como á falsificación de símbolos, a adulteración do xénero, a incautación de mercadorías e a espionaxe industrial.

ATIC
Área das Tecnoloxías da Información e da Comunicación

ORI
Relacións Internacionais

I+D
Oficina de

OMA
Oficina de Medio Ambiente

Deportes

ANL
Área de Normalización Lingüística

Biblioteca

Cátedras de Empresa

Extensión cultural

Cidade Universitaria

Powered by