Vigo, 21 de Xullo de 2006 - Nº 1113

HOXE ANTERIORES SUSCRICIÓNS WEBMASTER

SECCIÓNS

Consello de Goberno

A Universidade consolidará os seus posgraos oficiais á espera das novas directrices por ámbitos do Ministerio para os graos

Un rexistro substitúe ao anterior catálogo de titulacións


Consello de Goberno do venres

Duvi

A modificación da Lei Orgánica de Universidades (LOU) e a reforma das titulacións centraron o primeiro informe como Reitor de Alberto Gago ao Consello de Goberno, expondo os temas abordados nas recentes xuntanzas da Comisión Académica do Consello de Coordinación Universitaria e do Consello Galego de Universidades. Tocante ao cambio na LOU, Gago salientou que as principais novidades introducidas no texto polo anteproxecto de Lei remitido ao Senado establecen “a acreditación no canto da habilitación nos concursos de acceso de profesorado permitindo unha maior flexibilidade tocante ao procedemento”. Ademais, o Reitor sinalou a incorporación dunha excedencia especial de tecnoloxía cunha duración de cinco anos para promover que o persoal docente “poda por en marcha un proxecto empresarial baseado na innovación, nos achados de investigación”. Doutra banda, o documento amplía a liberdade das universidades na elección de reitor, permitindo continuar co sistema actual ou que sexa designado en Claustro. Consonte ás demandas expresadas polo Consello de Reitores de Universidades Españolas (CRUE) ao borrador, Gago indicou que “non se incluíron os contratos de substitución, a exención tributaria plena, o concurso de méritos á plantilla docente, as esixencias de representación das universidades privadas ou os plans para a xubilación voluntaria”. Verbo da supresión do catálogo de títulos e “todas as directrices a eles vinculadas” anunciada polo novo equipo ministerial, o Reitor explicou que “serán substituídas por un rexistro no que terá cabida todo tipo de propostas de grao e de posgrao, mentres ca no caso das orientacións, ofreceranse indicacións xerais por ámbitos”. Nese senso, Gago aludiu ás reticencias amosadas polos reitores tocante a problemas na definición dos títulos e da súa nomenclatura, así como perante a posibles ofertas de entidades alleas á comunidade universitaria. Ademais, o Reitor advertiu da diferenciación que podería derivarse de que as recomendacións, “malia que xerais, distingan entre as titulacións con competencias profesionais e o resto, marcando ese carácter profesionalizante”. Doutra banda e respecto á intención expresada por Educación de diversificar os programas de doutoramento dos posgraos, Gago recomendou aos responsables dos actuais ciclos existentes na Universidade que esperasen a que o Ministerio clarificase os criterios para facer a conversión ao posgrao. Así, o Reitor avogou por “consolidar os nosos programas piloto de adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior e os nosos másters oficiais”, adiantando que no mes de setembro o Ministerio divulgaría un informe sobre metodoloxías docentes cara á converxencia co EEES. Posgraos En referencia aos acordos do Consello Galego de Universidades celebrado o pasado día 7 de xullo, Gago mencionou a incorporación neste ano dun complemento por excelencia docente e investigadora, mentres que no 2007 implantarase outro complemento por xestión. Verbo da próxima convocatoria da Xunta para novos programas oficiais de posgrao, o Reitor destacou que non haberá quiñón por universidade pero si deberán cumprir unha serie de condicións mínimas como que o 70% do profesorado o conformen doutores. O primeiro Consello de Goberno elixiu, como se detalla abaixo, os membros das súas comisións delegadas de investigación, organización académica e profesorado, planificación e asuntos económicos, máis extensión universitaria e estudantes. Aparte, votáronse os representantes deste órgano de goberno no Consello Social e conformouse a comisión de reclamacións a prazas de profesorado contratado. Ao comezo da sesión, Alberto Gago deu a coñecer os nomes dos membros por el designados, 15, que xunto aos elixidos no Claustro, o propio Reitor, a secretaria xeral e o xerente conforman o Consello de Goberno: José Cidrás, Manuel Reigosa, Antonio García, Carmen García, Iván Area, Anxo Sánchez, Carmen Cabeza, Pedro Membiela, María Montero, Francisco Gálvez, Jesús Hernández, José Luis Legido, Ana Elina Martínez, Iago Fariña e Rosa Bernal. A orde do día incluíu tamén a exposición das direccións de áreas correspondentes ás vicerreitorías que inclúen por vez primeira un comisionado de Plans Estratéxicos, a Adaptación ao EEES, Grao, Igualdade, CITI, Política de I+D, Coordinación e Estudantes do campus de Ourense, e Extensión Universitaria e Estudantes do campus de Pontevedra. Por outro lado, aprobouse a sinatura de convenios de colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, a consellería de Sanidade e a Universidade de Santiago para o control aerobiolóxico de Galicia; coa Universidade Hochschule Karlsruhe, en Alemaña; e a Universidade de la Salle, en México, para o intercambio de estudantes. Finalmente, a iniciativa do alumno Diego Alonso o Consello de Goberno decidiu revisar o artigo 5, punto, 2 da Normativa de Permanencia sobre o número de créditos que o estudante pode cursar segundo o número de veces que teña formalizado a matrícula nunha materia. Comisión de Investigación: Polo sector do profesorado: Ana Garriga Domínguez Ana Elina Martínez Insua Juan Carlos Mejuto Fernandez Luis Ortiz Torres Francisco Javier Rodríguez Berrocal Polo sector do alumado: Fariñas Valiña, Iago, quedando unha praza vacante Polo sector do persoal de administración e servizos: Bernal Gómez, Rosa Polo Consello Social: Praza vacante Comisión de Organización Académica e Profesorado: Polo sector de profesorado: Isabel Diéguez Castrillón Jaime Fandiño Alonso Luis Muñoz López Manuel Ramos Cabrer Joaquín Sueiro Justel Polo sector alumnado: Diego Alonso de Abel Iago Fariñas Valiña Polo sector PAS: Carlos Mollinedo Lois Polo Consello Social: Antonio García Lores Comisión de Planificación e Asuntos Económicos: Polo sector profesorado: Antonia Blanco Pesqueira Jorge Domínguez Martín Luis González Piñeiro Susana Reboreda Morillo Javier Rodeiro Iglesias Polo sector alumnado: Unha praza vacante Iago Fariñas Valiña Polo sector PAS: Luis Torres Vázquez Polo Consello Social: Unha praza vacante Comisión de Extensión Universitaria e Estudantes: Polo sector profesorado: Ignacio Barcia Rodríguez Xosé M. Cid Fernández Alejandro Pereira Domínguez Gustavo Rodríguez Fuentes Carlos Vivas Martínez Polo sector alumnado: Araujo Otero, Uxía Quintela Vilariño, Francisco Polo sector PAS: Bernal Gómez, Rosa Polo Consello Social: Unha praza vacante Foron elixidos os seguintes membros do Consello Social: Polo sector profesorado: María Montero Muñóz Polo sector alumnado: Óscar Méndez Franco Polo sector PAS: Carlos Mollinedo Lois Foron elixidos membros da Comisión de reclamacións a prazas de profesorado contratado: Polo profesorado funcionario: Enrique Buch Gómez José M. Cancela Carral M. Victoria Jato Rodríguez Javier Pérez Guerra Juan Manuel Suárez Creo Francisco Vázquez Núñez Polo sector alumnado: Unha praza vacante

ATIC
Área das Tecnoloxías da Información e da Comunicación

ORI
Relacións Internacionais

I+D
Oficina de

OMA
Oficina de Medio Ambiente

Deportes

ANL
Área de Normalización Lingüística

Biblioteca

Cátedras de Empresa

Extensión cultural

Cidade Universitaria

Powered by