Vigo, 09 de Maio de 2006 - Nº 1066

HOXE ANTERIORES SUSCRICIÓNS WEBMASTER

SECCIÓNS

I Xornadas Xurídico Sociais sobre a Unión Europea en Ourense

Santiago Rovira propuxo a futura presidencia de Alemaña e a incorporación de novos membros como temas a debater

O director xeral de Xustiza foi o encargado de inaugurar o foro


Inauguración das xornadas

Duvi

As I Xornadas Xurídico Sociais foron inauguradas onte no campus de Ourense por Santiago Rovira, director xeral de Xustiza, que acudiu ao acto en substitución de José Luís Méndez Romeu, conselleiro de Presidencia, ausente na presentación por motivos de axenda. Rovira aludiu á incidencia da futura presidencia de Alemaña e á integración de novos países membros, como o caso de Turquía, como principais temas a debater neste foro titulado A Unión Europea: retos e perspectivas na construción de Europa. “Que no 2020 Turquía vaia a ser o país máis poboado da Unión Europea é un dato que hai que ter en conta na hora da toma de decisións. Asemade, a política interior dos estados membros van a ser importantes para o rumbo de Europa, e o tema da inmigración terá que abordado desde un punto de vista global”, indicou o director xeral na súa intervención. Rovira continuou afirmando que “a eficacia da euroorde pasaría por traballar conxuntamente coa liberdade de fronteiras e o espazo de seguridade e xustiza europeo”. Na inauguración tamén estivo presente Camilo Ocampo, subdelegado do goberno en Ourense, que indicou “a necesidade destas xornadas para avivar o soño do desenvolvemento e da cohesión social de Europa, tan cuestionada nos últimos tempos”. Pola súa banda, Andrés Mazaira, vicerreitor de Planificación e Desenvolvemento do campus de Ourense; Pedro Francisco Rabanal, decano da Facultade de Dereito; e Iago Fariñas, director das xornadas, só tiveron palabras de agradecemento para os organizadores, colaboradores e relatores dun proxecto que, segundo o seu director, “faise realidade un ano despois de que o empezamos a soñar”. Programa Ante un 250 asistentes, José Mª Gil Robles, ex presidente do Parlamento Europeo e presidente do Consello universitario da Acción Jean Monnet, ofreceu o relatorio inaugural acerca da perspectiva da evolución constitucional da Unión Europea. Seguiríao Alejandro González-Varas, profesor da Universidade Complutense de Madrid, facendo un percorrido polos orixes da construción europea e a evolución histórica da Unión. A primeira xornada completaríaa a charla de Argimiro Rojo, catedrático de Ciencia Política e da Administración da Universidade, baixo o título “Rexións e gobernanza multinivel na Unión Europea”. Hoxe, día de Europa, o foro centrarase na repercusión das políticas da UE noutros ámbitos da vida dos cidadáns, como a discriminación por razón de xénero, o emprego, os servizos públicos e os medios de comunicación. Mañá proseguirán os relatorios, esta vez centrados na seguridade e na xustiza.

ATIC
Área das Tecnoloxías da Información e da Comunicación

ORI
Relacións Internacionais

I+D
Oficina de

OMA
Oficina de Medio Ambiente

Deportes

ANL
Área de Normalización Lingüística

Biblioteca

Cátedras de Empresa

Extensión cultural

Cidade Universitaria

Powered by