Vigo, 28 de Xaneiro de 2005 - Nº 801

HOXE ANTERIORES SUSCRICIÓNS WEBMASTER

SECCIÓNS

Nova promoción de Dereito en Ourense

Entrega dos diplomas na celebración de San Raimundo de Peñafort


Imaxe do acto

Duvi

A Facultade de Dereito do campus ourensán celebrou o xoves ao seu santo patrón San Raimundo de Peñafort, cun acto cheo de emoción e solemnidade no que se nomeou membro honorario do claustro ao catedrático de Dereito Procesual da Universidade Carlos III Víctor Moreno Catena, e que contou coa presenza de destacadas personalidades do dereito, coma Jesús Souto Prieto, presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o novo decano do Colexio de Avogados de Ourense, Miguel Ángel González ou o subdelegado do Goberno na cidade das Burgas, Camilo Isaac Ocampo. Tras a presentación dos méritos do novo membro do claustro, do que se destacou a gran cantidade de publicacións e cursos nos que ten participado, e se gabou a súa proximidade aos alumnos e dedicación constante, o profesor Moreno comezou a súa intervención centrándose nunhas reflexións sobre a materia que imparte, o Dereito Procesual. Cree Víctor Moreno que o proceso penal é un tema que preocupa especialmente a sociedade española. Considera que “este proceso significa un campo de tensión entre dous grandes bens: a seguridade pública e os dereitos fundamentais dos que se ven sometidos a eses procesos penais polas súas infraccións”, e reflicte un conflito que concirne a quen comete ese acto delictivo, pero tamén a quen o padece. O proceso penal é necesario, en palabras de Moreno Catena, para “ver si ten existido ou non este delito e impoñer sancións”. Pero considera o profesor que tamén debe ser medio de recompor o conflito entre o agresor e a vítima, á que considera que moitas veces non se lle da a importancia necesaria. Segundo o profesor Moreno, a vítima ten dereito a obter unha reparación, e isto “sempre se entendeu alleo á pena, e as veces pouco relevante, pero agora foi adquirindo gran relevancia”, reforzando o papel da vítima no dereito penal, aínda que sempre co máximo respecto as garantías básicas constitucionais do posible infractor. Sen embargo, a segunda parte do seus discurso non foi tan positiva: presentou a realidade actual coma “un momento crítico, con novos tempos para o proceso penal a nivel mundial, xa que, tras os graves atentados terroristas dos últimos anos, “vense producindo un movemento enormemente preocupante de merma de garantías”, pondo coma exemplo máis evidente o caso de Guantánamo: “centros de reclusión coma ese supoñen un toque de atención para os estados democráticos”. Tamén reflexionou sobre o propio modelo penal español, avisando que “nas próximas semanas vai a saltar a os medios un debate sobre como será o modelo de proceso polo que nos teremos que rexer nos próximos anos”, e sinalou que esperaba que o estado de dereito sexa “un edificio suficientemente sólido para resistir os envites”. Tras a reflexión do novo membro honorario do claustro de profesores chegou a momento da entrega dos diplomas os 43 alumnos de dereito que asistían a cerimonia. Prologada pola intervención dos profesores Ana Garriga Domínguez e Luis Míguez Macho, padriños desta promoción, chegou a intervención de Iago Fariñas Valiña que, en representación dos alumnos licenciados, fixo unha emotiva rememoranza do primeiro día de clase e sinalou os importantes cambios que tiñan acontecido nos alumnos ao largo destes cinco anos, “chegamos coma diamantes en bruto, xoves inseguros, e saímos coma homes e mulleres, que grazas a nosa formación universitaria poderemos sentirnos libres. Non importa o que depare o futuro, o que verdadeiramente importa é que sexamos nós mesmos e que nunca cedamos ante a inxustiza e a chantaxe”. Trala entrega dos diplomas a cada alumno, chegou o momento máis divertido da xornada, cun simpático e arrevesado discurso en verso do decano de Dereito, Pedro Francisco Rabanal, no que asegurou que “o decano é de algún xeito culpable das trapalladas desta facultade”, provocando a risa e a ovación máis sentida de todo o acto. Tras el, o Reitor Domingo Docampo felicitou a os novos licenciados sinalando ademais, ao respecto do discurso de Víctor Moreno, que “eles son a mellor garantía para que se manteña o estado de dereito”.

ATIC
Área das Tecnoloxías da Información e da Comunicación

ORI
Relacións Internacionais

I+D
Oficina de

OMA
Oficina de Medio Ambiente

Deportes

ANL
Área de Normalización Lingüística

Biblioteca

Cátedras de Empresa

Extensión cultural

Cidade Universitaria

Powered by