Vigo, 12 de Xullo de 2006 - Nº 1111

HOXE ANTERIORES SUSCRICIÓNS WEBMASTER

SECCIÓNS

A Organización Precursora de Iniciativas do Campus de Ourense entrega os seus premios

Mazaira, Rabanal e Ocampo, destados pola súa colaboración universitaria


Un momento do acto

Duvi

Onte foi o día elixido pola Organización Precursora de Iniciativas do Campus de Ourense, OPICO, para entregar os galardóns da primeira edición dos Premios á Colaboración Universitaria. Neste ocasión foron destacadas tres figuras estreitamente relacionados coa asociación e coa organización das Xornadas Xurídico Sociais, que tiveron lugar no mes de maio. Estes tres persoeiros foron o anterior vicerreitor do Campus de Ourense, Andrés Mazaira, o ex-decano de Dereito, Francisco Rabanal, e subdelegado do Goberno en Ourense e profesor da Universidade, Camilo Ocampo. Os alumnos da Facultade de Dereito e compoñentes desta asociación, organizaron para este celebración un acto no que non faltou o humor e que serviu en boa medida como punto final deste curso académico. Os premiados foron agasallados cunha orixinal figura, que segundo explicou Iago Fariñas, presidente de OPICO, “trátase dunha figura típica galega, que está feita con arxila e pedra”. No acto, o anterior decano, ademais de profesor do Departamento de Dereito Público Especial, e amigo desta asociación, Francisco Rabanal, foi homenaxeado cunhas emotivas palabras dirixidas por Iago, que destacou que “sempre intenta ser solución e non problema”. Rabanal agradeceu este nomeamento cando recolleu o agasallo da man do vicesecretario da asociación, J. Ramón Jardón e dixo que “este premio recordareino toda a vida, xa que foi o primeiro e o último como decano desta Facultade”. Outro dos premiados, Andrés Mazaira, foi destacado por que grazas a el “esta asociación gañou en experiencia e creceu como organización”. Por último foi agasallado Camilo Ocampo, subdelegado do Goberno, de quen se dixo na celebración dende OPICO que “foi para nosa asociación un verdadeiro descubrimento, xa que nunca pensamos que unha Subdelegación do Goberno puidese ser tan próxima”. Así, manifestou Ocampo o sentido de gratitude en nome da institución e no seu propio, ademais do desexo de que xurdan outras organizacións que apoien a esta asociación, e terminou engadindo que “traballar conxuntamente para nos é unha fortuna”. Finalmente, o presidente de OPICO quixo agradecer a súa colaboración aos premiados e a toda a xente que participa nesta asociación, así como a todos os que foron pasando por ela, animando en todo momento a participar.

ATIC
Área das Tecnoloxías da Información e da Comunicación

ORI
Relacións Internacionais

I+D
Oficina de

OMA
Oficina de Medio Ambiente

Deportes

ANL
Área de Normalización Lingüística

Biblioteca

Cátedras de Empresa

Extensión cultural

Cidade Universitaria

Powered by